Publicador de contidos

Publicador de contidos

Evacúan en helicóptero unha moza ferida nunha zona de cantís en Pontedeume

Evacúan en helicóptero unha moza ferida nunha zona de cantís en Pontedeume

O operativo de rescate comezou pasadas as dez da noite deste sábado tras a chamada do seu acompañante

A muller ferida foi trasladada e ingresada no hospital da Costa, en Burela

Helicóptero Pesca II. Foto: Salvamento Marítimo Helicóptero Pesca II. Foto: Salvamento Marítimo
G24.gal 22/06/2025 11:38

O helicóptero Pesca II de salvamento marítimo tivo que evacuar na madrugada deste domingo unha nova ferida tras caer nunha zona de rocas e cantís na praia do Coído, en Pontedeume, na Coruña.

A muller estaba ferida, co xeonllo fóra de sitio, nunha zona difícil de acceder na que non era posible o rescate por vía terrestre, o que forzou a intervención dos recursos do servizo de Gardacostas, segundo explican desde o 112 Galicia.

O operativo de rescate, iniciado pasadas as dez da noite tras a chamada do seu acompañante, prolongouse ata máis aló da unha da mañá, hora na que se produciu a entrada da muller ferida no hospital da Costa, en Burela.

Ata o lugar do incidente tamén acudiron efectivos de bombeiros, profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e axentes da Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade