Falece un home en Vimianzo tras sufrir unha indisposición e saírse da vía
O condutor sufriu unha saída de vía na rúa da Torre no municipio coruñés

O 112 Galicia recibiu varias chamadas por un vehículo que se saíu da vía e bateu contra o peche dunha fonte na Rúa da Torre, en Vimianzo.
Sen embargo, os alertadores coincidían en sinalar que quen conducía o turismo podía estar a sufrir unha indisposición, como infarto, que lle fixera perder o control do coche.
#AXEGAInforma dunha persoa falecida mentres conducía
— 112 Galicia (@112Galicia) June 19, 2025
📍Rúa da Torre, #Vimianzo
▶️Todo apunta que sufriu unha indisposición previa a saírse da vía co seu vehículo
🔗https://t.co/gRcUje0ZzU pic.twitter.com/CQK8suufBd
Finalmente, esta persoa non superou a crise e faleceu.
Con todo, activouse un amplo operativo composto por Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que organizou a saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago, Bombeiros de Cee e axentes da Policía Local.
Malia os esforzos, a persoa faleceu e agora serán os servizos xurídicos quen realicen as probas determinantes en canto ás causas do pasamento.