Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre o actor Manolo Zarzo aos 93 anos

Morre o actor Manolo Zarzo aos 93 anos

Xa tivera problemas de corazón e puxéranlle un marcapasos 

A familia pediu despedilo dunha forma moi íntima

Manolo Zarzo (Unión de Actores e Actrices) Manolo Zarzo (Unión de Actores e Actrices)
G24.gal 17/06/2025 10:59

O actor Manuel Zarzo, que se coñece artisticamente como Manolo Zarzo, faleceu esta pasada noite en Pozuelo de Alarcón aos 93 anos, segundo informaron fontes da súa familia.

O actor xa tivera que someterse a unha operación do corazón en maio do ano pasado, onde lle colocaron un marcapasos. A familia expresou o desexo de despedilo nunha estrita intimidade e só cos amigos máis próximos de Zarzo.

Manolo naceu o 26 de abril de 1932 e Madrid, e dende moi mozo comezou no mundo do espectáculo coa súa irmá Josefa, dándose a coñecer como os Irmáns Zarzo.

Manuel Zarzo na súa vida mantivo un romance con Lina Morgan, contraeu matrimonio dúas veces e tivo cinco fillos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade