Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arranca unha nova edición da Rapa das Bestas da Capelada, en Cedeira

Arranca unha nova edición da Rapa das Bestas da Capelada, en Cedeira

 Participarán máis de 300 cabalos salvaxes que pastan en liberdade nos montes da zona

G24.gal 30/05/2025 14:50

Ao curro da serra da Capelada, que hoxe atopamos baleiro, chegarán este sábado máis de 300 cabalos salvaxes.

"O sábado pola mañá traémolos todos a pé como se isto fose o Oeste", comenta Miguel Sóñara, secretario da Asociación San Andrés de Teixido Eventos.

Son conducidos ata o curro por arredor de 40 socios da Asociación San Andrés de Teixido Eventos, aos que se suman familiares, veciños, amigos e persoas doutras entidades. E entre todos eles hai tamén cativos de tan só oito anos de idade.

"Son fillos de gandeiros que non teñen medo ningún. Lévase no sangue", di Sóñara.

"O domingo, contra as nove da mañá, comezaremos a organizarnos. E ás dez será a espectacular baixada das bestas", conta o secretario da Asociación.

Un espectáculo do que cada ano gozan milleiros de persoas, unha tradición que se remonta ao século XVI e hai xa 51 anos que se vive deste xeito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar