Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un condutor de 28 anos nunha saída de vía na Baña

Morre un condutor de 28 anos nunha saída de vía na Baña

O vehículo foise da vía e rematou colidindo cunha árbore no Barro de Abaixo

Coche sinistrado na Baña (Consorcio Contraincendios da Coruña-Europa Press)
G24.gal 31/05/2025 08:39

Un condutor de 28 anos faleceu a pasada medianoite nun accidente de circulación que tivo lugar na Baña. 

O accidente tivo lugar no lugar de Barro de Abaixo, na parroquia do Barro. Minutos despois da medianoite, o 112 Galicia recibiu un aviso automático a través do sistema de emerxencia E-Call instalado no coche sinistrado. Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias tentaron contactar coa persoa que viaxaba no interior do vehículo, pero non obtiveron resposta.

Ante a situación, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Santa Comba, a Garda Civil de Tráfico e axentes da Policía Nacional. Tamén se informou ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, por se resultara necesaria a súa colaboración.

Cando os equipos de emerxencia chegaron ao lugar, confirmaron que un turismo con único ocupante saíra da vía e colidira contra unha árbore. Os profesionais sanitarios, mobilizados en ambulancia, só puideron confirmar o falecemento da persoa. Pola súa parte, os bombeiros encargáronse das tarefas de limpeza da vía.

Ata o lugar do sinistro desprazáronse efectivos do 061, Bombeiros de Santa Comba, Garda Civil de Tráfico e Policía Local.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade