Publicador de contidos

Publicador de contidos

Karolina Sotolová, internacional checa, asina polo Baxi

Karolina Sotolová, internacional checa, asina polo Baxi

Sotolová: "Estou moi emocionada de compartir esta viaxe co equipo e compartir a enerxía cos fans nas bancadas"

G24.gal 02/06/2025 11:25 Última actualización 02/06/2025 11:31

O Baxi Ferrol ficha a internacional checa Karolina Sotolová (25 anos). A base, que se atopa concentrada coa selección absoluta do seu país preparando o Eurobasket, chega procedente do que foi rival do combinado ferrolán na fase de grupos da Eurocup o KP Tany Brno.

"Estou moi emocionada coa tempada que vén o en Baxi Ferrol. Estou moi emocionada de compartir esta viaxe co equipo e compartir a enerxía cos fans nas bancadas. Non podo esperar para coñecervos a todos e formar parte da familia do Baxi Ferrol. Vémonos pronto", indicaba a checa nunha mensaxe ao club.

Esta é a terceira fichaxe do club ferrolán, que xa incorporou á base Karla Erjavec e a interior Ine Joris. Lino López logrou manter a gran parte do bloque que a pasada campaña logrou o fito de colgarse a prata da Eurocup Women e clasificarse para o play off polo título da liga Feminina Endesa.

Gala Mestres, Blanca Millán, Moira Joiner, Claire Melia e Alba Sánchez Ramos continúan baixo a batuta do comandante do cadro naval.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade