Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dalayah Daniels, reforzo do xogo interior para o Baxi Ferrol

Dalayah Daniels, reforzo do xogo interior para o Baxi Ferrol

Acaba de completar a súa etapa universitaria, en que mediou 11,3 puntos; 6,6 rebotes e 1,6 asistencias cos Washington Huskies

G24.gal 05/06/2025 11:23 Última actualización 05/06/2025 11:33

A xogadora nada en Seattle foi escollida no posto número 24 do draft da WNBA. O Baxi Ferrol necesitaba outra xogadora interior para completar o seu xogo interior e xa a ten. O conxunto ferrolán anunciou a incorporación de Dalayah Daniels, unha das grandes promesas do baloncesto estadounidense.

A xogadora acaba de completar a súa etapa universitaria, na que mediou 11,3 puntos; 6,6 rebotes e 1,6 asistencias cos Washington Huskies, demostrando a súa versatilidade. Estes números levárona a ser escollida no posto número 24 do draft da WNBA polos Minnesota Lynx.

A estadounidense é unha auténtica forza da natureza, xa que domina ao seu antollo a pintura. Ademais, tamén ten bo lanzamento de media distancia o que permite xerar moitos espazos para as súas compañeiras e ten boa visión de xogo, algo importante nos equipos de Lino López.

Daniels converterase na décima peza do Baxi tras as renovacións de Gala Mestres, Branca Millán, Moira Joiner, Claire Melia e Alba Sánchez-Ramos, e as fichaxes de Ine Joris, Begoña de Santiago, Karla Erjavec e Karolina Sotolova.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos