Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ence prevé empezar en 2026 as obras da súa nova fábrica nas Pontes

Ence prevé empezar en 2026 as obras da súa nova fábrica nas Pontes

A empresa asegura que o proxecto pode chegar a xerar máis de mil douscentos postos de traballo

O plan recibiu un aval fundamental coa declaración de impacto ambiental da Xunta

G24.gal 29/05/2025 14:40

Ence prevé empezar na primeira metade de 2026 as obras da súa nova fábrica nas Pontes, unha instalación que, segundo a empresa, pode chegar a xerar máis de mil douscentos postos de traballo. O proxecto recibiu un aval fundamental porque a Xunta aprobou a declaración de impacto ambiental, con dezaoito informes favorables.

O plan da empresa é instalar, por fases, un complexo de recuperación de fibras téxtiles, que tamén produza enerxía e que, ademais, fabrique papel, neste caso usando en parte fibras enviadas dende a fábrica que a compañía ten en Pontevedra. Todo iso, calcula Ence, pode chegar a significar case mil trescentos empregos, douscentos deles directos, catrocentos indirectos e seiscentos dos chamados inducidos.

Nas Pontes, o proxecto recíbese con esperanza. O peche da histórica central térmica, hai ano e medio, deixou un baleiro económico que se nota por toda a vila. Na veciñanza repítese unha mesma idea: aquí falta traballo. O goberno local espera que sexa un paso decisivo para a reindustrialización da zona.

"Estamos moi contentos, moi ledos, moi agradecidos á Xunta pola súa tramitación, con dezaoito informes favorables", declara o alcalde das Pontes, Valentín González Formoso.

A partir de agora, o proxecto de Ence precisa outros dous trámites administrativos decisivos. Por unha banda, a autorización ambiental integrada, que depende da Xunta, e a licenza urbanística, que é competencia do Concello.

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade