Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bicis e motos gañan a partida ao coche na Coruña

Bicis e motos gañan a partida ao coche na Coruña

Cada vez máis persoas na Coruña deixan o coche na casa e apostan pola bici ou a moto

Menos espazo para aparcar e moitos atascos disuaden a moitos de coller o coche particular

G24.gal 16/07/2025 14:42

"A xente quere unha scooter para un uso práctico, con bastante oco baixo o asento para gardar cousas e poder ir á praia ou facer a compra" dinos o xerente dun negocio de motos, Yun Zhao.

É o perfil que máis está aumentando dos novos usuarios de moto. Buscan sobre todo non ser escravos do coche.   

"Non tes onde aparcar, ou pagas aparcadoiro ou zona azul, así que bici ou moto facilitan iso e chegas antes aos sitios", di unha veciña da Coruña.

"Este ano percibimos un aumento nas matriculacións para sacar o carné de moto. Tamén inflúe que cada vez chove menos e tamén que é máis barato", é o que asegura Dolores Costoya, dunha autoescola da cidade.

O tema económico é tamén un dos argumentos que barallan os que apostan pola bici. 

"O tempo de desprazamento é máis curto e aforras aparcar", dinos un ciclista.

Pola súa situación no centro da cidade da Coruña, a estación do Obelisco é a que máis rotación de usuarios ten. Para ir e volver do traballo, facer compras ou simplemente por ocio, son moitos os motivos para coller a bici e deixar o coche na casa.

O servizo municipal de préstamo de bicis da Coruña chega ao seu récord con 15.000 usuarios activos.

"Hai entre 50 e 60 km para andar na bici por todo o centro urbano. Podes ir ao Portiño, bordear toda a cidade... está moi ben", asegura un usuario.

Os coruñeses téñeno claro: mellor sobre 2 rodas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade