A Garda Civil investiga o camioneiro que supostamente abandonou o motorista accidentado en Ribeira de Piquín
A Garda Civil investiga o camioneiro que supostamente abandonou o motorista accidentado en Ribeira de Piquín
O condutor está a ser investigado por un delito de abandono no lugar do accidente, despois de que o motorista chocara contra o seu camión
O accidente produciuse o 9 de xullo na estrada LU-P-1906, e o motorista tivo que ser invervido no hospital Lucus Augusti
.png)
A Garda Civil identificou o camioneiro que supostamente abandonou no lugar do accidente a un motorista que chocou contra o seu vehículo.
Segundo informa a Garda Civil, agora o condutor está a ser investigado dun presunto delito de abandono. Delito, que segundo lembra a Benemérita "implica unha pena de prisión de seis meses a catro anos e privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores dun a catro anos e o de lesións con prisión de tres meses a tres anos ou multa de seis a doce meses".
O accidente produciuse o pasado día 9 de xullo sobre as 16:20 horas, entre os quilómetros 8 e 9 da estrada LU-P-1906, que comunica A Fonsagrada con Ribeira de Piquín, ao seu paso polo lugar de Villares, na parroquia de Santalla.
O condutor da moto era un home de 61 anos, que foi trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti. Alí quedou ingresado tras ser intervido cirurxicamente.
Segundo informa a Garda Civil, o condutor do camión puido ser localizado tras as investigacións realizadas no lugar do sinistro, polos restos achados, e tamén porque o camión presentaba danos coincidentes coa dinámica do accidente.
Os axentes da Benemérita puideron constatar que o camión non parou tras o accidente e que non chamou os servizos de emerxencias.