Publicador de contidos

Publicador de contidos

Melide retrocedeu ao seu pasado durante tres días de mercado medieval

Melide retrocedeu ao seu pasado durante tres días de mercado medieval

Decenas de postos con todo tipo de produtos encheron as rúas da zona vella

Tampouco faltaron os xogos e as atraccións para o público infantil

G24.gal 10/08/2025 21:08

Na feira medieval de Melide investiron novos cabaleiros. As rúas da zona vella enchéronse de postos con todo tipo de produtos e tamén con atraccións para os máis pequenos. 

"Moi boa calidade ten a feira e moita diversidade. Paréceme estupendo. -Domingo, ¿que che parece a feira? -Boa, divertida, ten xogos, comida, diversas cousas para comer".

No Melide medieval, artesáns e comerciantes estableceron os seus negocios neste lugar de paso dos peregrinos que se dirixían a Compostela. Estes comerciantes tamén fan o seu propio camiño de feira en feira

"Este debe ser a feira número quince ou dezaseis desde que empezamos no mes de xuño". "No verán facemos o que lle chaman a "ruta do Norte". O que facemos é percorrer Galicia, Pais Vasco, Cantabria e Asturias", din dous comerciantes que participan na feira.

A feira rematou con música e cun desfile dos artistas de rúa que animaron o mercado durante toda a fin de semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade