Publicador de contidos

Publicador de contidos

A praza de abastos de Carballo entra no selecto grupo distinguido co selo de Mercado Excelente de Galicia

A praza de abastos de Carballo entra no selecto grupo distinguido co selo de Mercado Excelente de Galicia

Tomiño, Vilagarcía e Pontedeume son os outros "Mercados Excelentes"

Imaxe da fachada principal da praza de abastos de Carballo
G24.gal 28/11/2025 13:56

Na entrada principal da praza de abastos de Carballo loce desde esta semana o selo de Mercado Excelente de Galicia. Un distintivo co que o Goberno galego premia o traballo e investimentos dirixidos a modernizar a praza e ofrecer novos servizos á clientela, sen esquecer a tradición e autenticidade.

O mercado municipal conta con cafetería, sala de lactancia, servizo de conserxería, programa de xestión de residuos, aulas de formación e programas de dinamización con actividades diversas que pretenden facer deste un espazo dinámico e acolledor. 

Pero sen dúbida o principal atractivo que ofrecen os praceiros para atraer a clientela non é algo material: son a confianza, o trato próximo e a calidade do produto. E eses valores coinciden precisamente co que buscan os clientes que elixen comprar na praza de abastos.

Iso si, os praceiros botan en falta un perfil de clientes que non adoita visitar o mercado.
A praza de Carballo forma parte xa dun grupo selecto, o de Mercados Excelentes de Galicia, no que so figuran os de Tomiño, Vilagarcía e Pontedeume.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar