Publicador de contidos

Publicador de contidos

A guerra dispara o prezo da luz e obriga os consumidores a buscar fórmulas de aforro

A guerra dispara o prezo da luz e obriga os consumidores a buscar fórmulas de aforro

O Goberno propón medidas para axudar os sectores máis afectados

O Partido Popular pide rebaixas fiscais que cheguen ao peto dos consumidores

G24.gal 09/03/2026 14:50

A tensión nos mercados mundiais dispara o prezo da enerxía. Hai expertos que apuntan ata un 50 % no recibo da luz. "Pinta mal, pinta mal", di unha consumidora.

Unha escalada de prezos que xa está chegando aos fogares. Os consumidores comezan a buscar alternativas. "Hai que poñer menos lavadoras, menos lavalouzas, cociñar cousas rápidas", asegura outra muller.

E é que os electrodomésticos representan o 55 % da factura dunha vivenda. Se botamos contas: "Quizáis a secadora sexa o electrodoméstico que máis consume nun fogar porque é o aparello que máis enerxía gasta por hora", explica Antonio Rodríguez, experto en electrodomésticos.

Tamén o frigorífico, pola cantidade de horas de funcionamento. Desconectar os electrodomésticos cando sexa posible suma tamén no aforro de luz. "É unha medida para reducir n pouquiño máis ese consumo global de toda unha casa que é alta".

O Goberno anuncia medidas para responder a esta situación de crise. "Actuar no impacto que xera a perda de poder adquisitivo en sectores que son importantes no noso país", adianta Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda do Goberno.

O Partido Popular propón rebaixas fiscais que cheguen ao peto dos fogares. "Que pensemos no cidadán. Que deamos resposta para que os cidadáns poida chegar a fin de mes en condicións amortecendo as dificultades que calquera pode estar notando xa no prezo da enerxía", di Juan Bravo. 

E pide que o presidente do Goberno compareza no Congreso para dar conta da situación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade