Publicador de contidos

Publicador de contidos

Poucos clientes e menos peixe nos mercados galegos

Poucos clientes e menos peixe nos mercados galegos

Os propios vendedores recoñecían a falta de movemento e de vendas

Os que abriron os seus postos, que non foron todos, ofrecían variedade de peixe iso si con prezos á alza polo temporal no mar e pola proximidade do Nadal

G24.gal 09/12/2025 14:37

Postos pechados e poucos clientes nos que si abriron. O regreso da ponte e o temporal no mar deixan os mercados con escaso movemento. Nos postos de peixe que si abriron, ofrecen variedade e os clientes fan contas.

Os vendedores din que tamén hai prezos axustados, malia que outros se disparan pola proximidade do Nadal e pola escaseza dalgúns produtos, sobre todo o marisco e as especies máis demandadas para as celebracións como o peixe sapo.

O marisco xa está caro, os profesionais insisten en que a semana que vén será peor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade