Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre unha moza de 23 anos en Xermade nun accidente de tráfico

Morre unha moza de 23 anos en Xermade nun accidente de tráfico

A vítima conducía un turismo que bateu contra un camión

Galicia, terceira comunidade onde máis aumentaron os accidentes mortais

G24.gal 08/08/2025 12:34 Última actualización 08/08/2025 14:09

Unha moza de 23 anos faleceu este venres en Xermade nun sinistro de tráfico ocorrido na parroquia de Roupar, na estrada LU-540, que comunica este concello lugués con Viveiro.

A vítima é a condutora do turismo que bateu contra un camión e faleceu no mesmo lugar do accidente. A recuperación do seu corpo do habitáculo requiriu do traballo de liberación dos equipos de emerxencias que se desprazaron ao lugar, neste caso dos Bombeiros de Vilalba. Ao lugar do sinistro chegou a desprazarse un helicóptero medicalizado pero, por desgraza, a súa intervención xa non foi precisa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade