Publicador de contidos

Publicador de contidos

En Narón bailan os campións do mundo de danza coreográfica

En Narón bailan os campións do mundo de danza coreográfica

Narón Kids revalidaron o seu título de campioas do mundo

Forever Narón debutou no Mundial e gañou

Imaxe da actuación de Narón Kids no Mundial
G24.gal 08/06/2025 21:50

Se hai un lugar de referencia para o baile, ese é Narón. Un concello que destaca como organizador de eventos de nivel internacional, e tamén polos éxitos dos seus bailaríns. Agora, varios grupos locais veñen de gañar no campionato do mundo de danza coreográfica.

Narón Kids revalidaron o seu título de campioas do mundo

As integrantes de Narón Kids ensaian dez horas á semana para momentos como o que viviron en Braga, Portugal. Ofreceron unha actuación perfecta que lles permitiu revalidar o seu título de campioas do mundo de danza coreográfica.

Josu Arnoso Cruz: "Fomos ao primeiro Mundial probar, pero neste xa había nervios por revalidar o título, e o resto de grupos melloraran moito o seu nivel".

Porén, Narón Kids acadou a maior puntuación de todos os grupos do campionato. Baixo os criterios de calidade técnica, sincronización, musicalidade, coreografía e presentación. O seu adestrador, Román Romero, salienta que foron o único grupo de todas as categorías que superou os 8 puntos en todos os parámetros avaliados.

Román Romero: "Destacan pola sincronización e a coreografía, pero ademais foron o único grupo que superou o oito en todos os parámetros".

Un concello con varios clubs campións

Narón kids foi un grupo pioneiro en España. Fan dez anos pisando con forza nas pistas de todo o mundo.

Levan o nome dun concello de talento, que organiza campionatos ao máis alto nivel, e no que traballan varios clubs de éxito. O Revolution UPA tamén gañou o Mundial en categoría Youth. Só nas Escolas Municipais de baile de Narón xa participan 250 bailaríns.

Alberto López: "Fomos o único club español que levou a todos os seus grupos ao Mundial. Para incentivar a ilusión dos rapaces". 

Forever Narón debutou no Mundial e gañou

Alberto López é bailarín e adestrador do Club de Baile Deportivo Narón. Actualmente prepara ao grupo Forever Narón que tamén se proclamou campión do mundo en big team categoría senior, coa súa coregorafía Show Must Go On.

Mamen Martínez Pardo: "O noso forte foi a presentación da coreografía fantástica que montou o noso profesor e tamén a sincronización".

Detrás quedan moitas horas de ensaio e sobre toda a alma de bailaríns nun concello que leva o ritmo ás pistas e regresa con títulos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade