Publicador de contidos

Publicador de contidos

Grande acollida do Vigo Porté, un dos eventos de danza máis prestixioso en Europa

Grande acollida do Vigo Porté, un dos eventos de danza máis prestixioso en Europa

Nestes catorce anos de historia polo escenario do Auditorio Mar de Vigo pasaron 11.000 bailaríns de 450 escolas de danza

G24.gal 02/05/2026 20:47

Vigo Porté, o gran evento internacional de disciplinas de baile, está celebrando desde o xoves a súa edición número catorce no Auditorio Mar de Vigo. Remata o domingo, o día no que competirán os bailaríns da categoría absoluta, candidatos a gañar o VI Trofeo de baile internacional Vigo Xacobeo.

Este serán asistimos á entrega de diplomas e medallas do certame na categoría júnior.

O Vigo Porté está considerado un dos eventos máis importantes de danza en Europa, polo prestixio profesional dos membros do xurado e polo nivel dos participantes, bailaríns da elite en distintas disciplinas.

Clásica, lírica, folclore, fusión, urbana ou contemporánea. Nestes catorce anos de historia polo escenario do Auditorio Mar de Vigo pasaron 11.000 bailaríns de 450 escolas de danza.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade