Publicador de contidos

Publicador de contidos

Álex López é o novo director da canteira do Rácing de Ferrol

Álex López é o novo director da canteira do Rácing de Ferrol

Ademais de encargarse da canteira tamén desempeñará outras tarefas administrativas relacionadas co fútbol base

A entidade aposta polo talento local e pola identidade ferrolá

G24.gal 25/06/2025 17:01 Última actualización 25/06/2025 18:28

Manuel Ansede, presidente do Rácing de Ferrol, anunciou a incorporación de Álex López como novo director da canteira do club ferrolán. Formado na propia canteira, militou en equipos como o R. C. Celta, o Spórting de Xixón ou o Real Valladolid, así como en ligas estranxeiras, como a inglesa e a australiana. 

"Como na casa, en ningún sitio. É a realidade. Síntome moi racinguista e para min esta é a miña casa"· 

O que fora capitán do Rácing ten moitas ideas en mente para mellorar a entidade, aínda que resalta en varias ocasións que o máis importante é seguir crecendo e que a canteira teña un sentimento racinguista. Entre esas iniciativas destacan a creación dun filial, distintos convenios de colaboración con outros equipos da comarca de Ferrolterra,  a implantación dunha liña metodolóxica común e a creación dun equipo sénior feminino.

Nesta nova etapa, Álex contará co apoio do delegado do primeiro cadro, Manolo Mesa, e de Diego Garrido, ata agora responsable da canteira e quen asumirá a dirección do equipo da Liga Genuine.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade