Publicador de contidos

Publicador de contidos

Álex Vázquez avala a fichaxe de Pablo López: "Temos claro cales son os obxectivos"

Álex Vázquez avala a fichaxe de Pablo López: "Temos claro cales son os obxectivos"

Álex Vázquez confeccionou un equipo de traballo no que ten como man dereita o naronés Diego Rivas

G24.gal 10/06/2025 13:25 Última actualización 10/06/2025 13:32

Álex Vázquez foi presentado como director deportivo durante as dúas próximas tempadas, substitúe a Carlos Mouriz. O ourensán chega á entidade tras cinco exitosas campañas á fronte da parcela deportiva no Arenteiro, nas que xogou un papel determinante no exitoso crecemento do club desde a Terceira RFEF ata a súa consolidación en 1ª RFEF. Álex Vázque avala a fichaxe de Pablo López.

"O mellor adestrador que pode ter o Rácing. O que fixo co Ourense é medible".

"Percibo sintonía. Estamos os dous aliñados e temos claro cales son os obxectivos".

Álex Vázquez confeccionou un equipo de traballo no que ten como man dereita o naronés Diego Rivas, co que coincidiu hai dúas tempadas no club de Espiñedo, exercendo este como adestrador de porteiros, un debido a que na última tempada desempeñou no Vizela da Primeira División portuguesa.

Rivas, que formaba parte do plante do Rácing que logrou o ascenso á segunda división hai dúas tempadas, regresa á que é "a súa casa" nun posto directamente ligado á dirección deportiva. É canteirán do cadro departamental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade