Publicador de contidos

Publicador de contidos

Preto de 7.000 veciños de Ares beneficiaranse da mellora no sistema de abastecemento de auga

Preto de 7.000 veciños de Ares beneficiaranse da mellora no sistema de abastecemento de auga

O actual presenta problemas de presión e subministración, sobre todo nos meses de verán

Alfonso Rueda di que é proxecto ambicioso pensado para mellorar a vida dos veciños e visitantes e facilitar a actividade empresarial
 

G24.gal 29/05/2025 14:43

Preto de 7.000 veciños de Ares veranse beneficiados polas obras de mellora do sistema de abastecemento de auga. O actual presenta problemas de presión e subministración, sobre todo nos meses de verán. 

O alcalde de Ares, o socialista Julio Iglesias, agradece o esforzo da Xunta e explica que "no verán, co aumento da poboación cara aos 16 mil ou 17 mil habitantes, a tubaxe non se ampliaba". 

Alfonso Rueda destaca que a mellora non só vai beneficiar os veciños e os visitantes, senón tamén o tecido empresarial: "Se estamos dicindo que queremos un turismo de calidade con sentidiño, á xente hai que darlle servizos, e a auga é un servizo fundamental. Pero non só iso, esta zona está medrando, hai demanda empresarial, créase riqueza estable e os servizos teñen que estar á altura desa demanda".

As obras, que comezarán a finais deste ano, englóbanse nun plan no que a Xunta vai investir máis de 100 millóns de euros para modernizar as infraestruturas hidráulicas en Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade