Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSOE afirma que "cando o PP ten que enfrontarse a unha emerxencia, fracasa"

O PSOE afirma que "cando o PP ten que enfrontarse a unha emerxencia, fracasa"

"Os cidadáns, máis aló do ruído, teñen dereito a saber onde estivo cada administración e que é o que fixo cada un dos gobernantes"

O PSOE acusou os líderes autonómicos do PP de "incompetencia" e "crispación"

G24.gal 31/08/2025 17:09 Última actualización 31/08/2025 17:47

A secretaria de Política Económica, Transformación Dixital, Emprendemento e Impacto Social e portavoz adxunta do PSOE, Enma López, afirmou este domingo, en referencia á xestión da crise de incendios forestais deste verán, que, "cando o PP ten que enfrontarse a unha emerxencia, fracasa".

"O Partido Popular é quen ten as competencias nas comunidades autónomas porque son quen goberna a maioría e como fracasa, o que fai é polarizar", sinalou López en declaracións aos medios", asegurou López.

Segundo López, hai que empezar o novo curso político vendo que é o que pasou e é que este verán, como país, "enfrontámonos a unha gravísima crise de incendios que nos arrasou en practicamente todo o territorio".

Defendeu a xestión do seu partido durante a crise que "estivo onde tiña que estar", poñendo todos os medios, e agora, unha vez pasada a mesma, é o momento da rendición de contas. Neste sentido, lembrou que durante toda esta semana pasada, no Senado, compareceron ministros que deron datos "con absoluta transparencia", para tentar sacar conclusións e ver "que podemos facer para evitar que estas cuestións pasen desta maneira e é que, por desgraza, van ser cada vez máis frecuentes por culpa do cambio climático".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade