Novas
Contido con Xeográficas .
Galicia

Localizan no río Mandeo a carteira do veciño de Betanzos que permanece desaparecido
16/08/2022 21:19
Foi xusto á altura de onde o seu can, co que saía a pasear a diario, quedara sen moverse agardando polo seu dono
Os mergulladores da Garda Civil tiveron que suspender os traballos de rastrexo a media tarde debido ás fortes correntes e as mareas vivas

Os donos de leiras sen desbrozar pagarán os traballos de limpeza de Medio Rural e unha multa
16/08/2022 21:06
Os terros descoidados son un perigo preto das casas e favorecen a propagación dos incendios forestais

As restricións de auga recuperan a tradición dos caldeiros á Festa da Auga de Vilagarcía
16/08/2022 20:58
Auga por duplicado: en caldeiros desde os balcóns e en chuvia desde o ceo

A seca e a calor fan perder o 40% do millo forraxeiro no centro de Galicia
16/08/2022 20:44
Lemos, Chantada e Deza son as comarcas leiteiras máis afectadas
Agárdase unha caída da produción de leite a partir do outono

Sanxenxo concentra o maior número de pisos turísticos de Galicia
16/08/2022 20:43
A vila suma máis vivendas de uso turístico que Santiago, Vigo, O Grove e Baiona xuntas

TVG emite un programa especial desde Betanzos para ver voar o globo, se a chuvia o permite
16/08/2022 20:32
A chuvia será determinante para saber se o globo poderá ou non levantar o voo

Os dous incendios que hai en Galicia están estabilizados ou controlados
16/08/2022 19:59
Extinguidos os de Ríos, Castrelo do Val , Oimbra e Ribas de Sil
O de Laza está controlado e o de Pantón, estabilizado

O impacto dun paxaro impide despegar un avión de Vueling en Alvedro
16/08/2022 19:58
A ave bateu contra o aparello cando estaba tomando terra en Alvedro procedente doutra viaxe

Galicia festexa o San Roque, patrón de máis de cen parroquias
16/08/2022 19:18
Está considerado pola tradición católica como o santo protector das pestes e das enfermidades

O Camiño de Santiago, a piques de bater a marca de Compostelas do Xacobeo 2010
16/08/2022 18:10
O Camiño portugués segue sendo o que máis medra