Contido con Xeográficas .
Galicia

Os hoteis do Grove están case cheos con estadías que se alongan ata os quince días
12/07/2025 14:57
Traballan coa previsión dunha ocupación media para xullo e agosto de ata un 80 %

Grupos tradicionais e grandes bandas na penúltima xornada do Festival de Ortigueira
12/07/2025 14:24
Este ano cadra coa celebración do 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira, a promotora do festival

A odisea de buscar un piso de estudantes cando os prezos soben curso tras curso
12/07/2025 13:54
Nos últimos cinco anos moitas vivendas duplicaron o seu prezo nas cidades universitarias
Os estudantes de primeiro ano e os bolseiros Erasmus son os que máis difícil teñen atopar piso

Máis de 2.000 aspirantes ás oposicións ao ensino en Galicia pasan á segunda fase
12/07/2025 13:40
Inscribíranse no proceso máis de 20.500 persoas e presentáronse 17.600
Saíron 1.664 prazas a concurso

Renfe rexistra un récord de viaxeiros na liña Galicia-Madrid tras o recorte de paradas
12/07/2025 13:00
Renfe asegura que o 7 de xullo bateu marcas ao transportar nunha soa xornada neste corredor máis de 13.000 persoas
O número de pasaxeiros semanais mantívose por riba dos 75.000 no primeiro mes, "outro récord para este corredor"

Desartellan unha rede criminal en Ourense e Lugo que vendía coches de segunda man
12/07/2025 12:27
Hai numerosas vítimas en toda España ás que lle causaron un prexuízo económico superior aos 900.000 euros

A muller máis lonxeva de Galicia ten 108 anos e vive en Ourense
12/07/2025 09:37
Esperanza Cortiñas, que vive no barrio ourensán da Ponte, é nai de tres fillas
Considérase presumida e non perdoa as partidas de cartas nin os bailes dos domingos

Despedida multitudinaria na ría de Ferrol ao Juan Sebastián de Elcano
12/07/2025 08:24
A súa chegada a Marín, onde permanecerá ata o xoves, está prevista para o domingo ás 17:00 horas
Durante a saída da dársena de Curuxeiras homenaxearán a expedición de García Jofre de Loaysa

O CEO de Abanca e o Celta de Vigo, entre os galardoados polos empresarios galegos de Cataluña
11/07/2025 21:16
Tamén concedeu un premio extraordinario, que este ano foi para o Parlamento de Galicia, que recolleu o seu presidente, Miguel Ángel Santalices

Unha casa de turismo rural de Pantón ofrece rutas en quad pola Ribeira Sacra
11/07/2025 20:43
No que vai de ano, máis dun milleiro de visitantes optaron por este servizo para descubrir a contorna

A Escola de Gaitas, protagonista no festival de Ortigueira no seu 50 aniversario
11/07/2025 20:34
Concerto con ata 145 músicos que formaron parte da escola ao longo deste medio século
Milladoiro, gran protagonista da xornada do sábado

Gastronomía de mar e de autor no Vigo SeaFest
11/07/2025 19:55
A Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo organiza o evento para promocionar o consumo de peixe

A expedición francesa localiza fugas nalgúns bidóns radioactivos; levan atopados xa 3.350
11/07/2025 19:52
As fugas poderían ser de alcatrán, e as mostras recollidas non detectan unha radiación superior á considerada normal

A Xunta valora a disposición de Kadis a "buscar solucións" para o sector pesqueiro en Galicia
11/07/2025 19:29
A conselleira do Mar avoga por buscar alternativas "técnicas ou políticas" ao veto da pesca de fondo porque "non se pode esperar"
Conxemar pídelle a Kadis reforzar subministración de materias primas e apoio financeiro ao sector

Sen noticias do golfiño Manoliño na ría de Ferrol; piden axuda para localizalo
11/07/2025 19:24
A Cemma deuno por desaparecido logo de non ter rexistros del dende o 3 de xuño
Piden colaboración á cidadanía para atopalo ou descubrir pistas do seu paradoiro

11/07/2025 19:02
Deberán "adoptar inmediatamente" as medidas necesarias para garantir o abastecemento de auga potable limpa, segura e libre de microorganismos e substancias químicas

Galicia aposta polo sector aeroespacial e de defensa coa Escola de Enxeñería Aeronáutica de Ourense
11/07/2025 18:14
As obras comezarán en dúas semanas
Trátase dunha escola de 6.500 metros cadrados de superficie e dez millóns de euros de orzamento

A Autoridade Portuaria de Ferrol saca a concurso a construción da terminal de transatlánticos
11/07/2025 18:09
A terminal será de uso aberto a todas as navieiras
Inclúe a construción dun edificio para as empresas

O auxe do 'glamping' ou acampada de luxo en Galicia
11/07/2025 18:05
O turismo de experiencias, como o astroturismo, aumenta favorecido polos selos Starligth
Sete comarcas e concellos galegos posúen esta certificación que garante ceos escuros e escasa contaminación lumínica

Conxemar pídelle a Kadis reforzar subministración de materias primas e apoio financeiro ao sector
11/07/2025 16:53
Reclámalle á Comisión Europea medidas para garantir a dispoñibilidade de produtos pesqueiros e asegurar condicións de mercado equilibradas para a transformación e comercialización en Europa
Conxemar, con sede en Vigo, representa 230 empresas cunha facturación conxunta superior a 11.900 millóns de euros

A Xunta inicia as obras da autovía Tui-A Guarda
11/07/2025 16:13
Pasa por localidades como Tui e Tomiño e investíronse case 18 millóns de euros
Prevese que se remate en 24 meses

Drons e patrullas a cabalo buscan unha anciá desaparecida en Lugo
11/07/2025 15:52
O dispositivo céntrase no polígono do Ceao e no rural de Bocamaos
Isaura, de 85 anos, falta desde o martes tras saír pasear

Un camión queda atrapado nunha estrada en Nigrán por seguir as ordes do GPS
11/07/2025 15:31
O camioneiro meteuse por unha vía que só era apta para turismos
Estivo un día encaixado na casa do cura de Nigrán

Unha muller e dúas nenas tiveron que ser rescatadas no incendio dun piso na Coruña
11/07/2025 15:30
Foi unha veciña a que deu a voz de alarma e detallou que había moito fume no edificio

Yoel Lago: "O meu carácter faime mellor xogador"
11/07/2025 15:27
O Celta escenificou este venres a ampliación de contrato de Yoel Lago ata 2029

Os portugueses, os europeos que menos gastan nas vacacións
11/07/2025 15:05
Os portugueses son os europeos que menos gastan nas vacacións, uns 1.500 euros
Máis do 80% dos portugueses quere viaxar ao estranxeiro, aínda que sexa recortando a estadía

Pontevedra celebra a popular romaría do San Benitiño de Lérez
11/07/2025 15:02
Milleiros de fieis reúnense cada ano nesta parroquia de Lérez para pedir pola curación das enfermidades da pel
As tradicións máis populares son recoller o aceite, queimado previamente nunha ola de cobre, e pasar por debaixo do altar do santo

En Vigo, os pisos turísticos deberán contar con entrada independente no edificio
11/07/2025 14:20
Despois de Santiago e A Coruña, Vigo súmase ás grandes cidades galegas para regular os pisos turísticos
Delimitarán as zonas saturadas na cidade e unha cota máxima deste tipo de aloxamentos por edificio
A Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia di que estas normas non baixan os prezos dos alugueiros tradicionais e temen que prexudiquen o turismo familiar, e hai descontento tamén entre os hostaleiros

Arden en Pontevedra catro coches que agardaban o despezamento
11/07/2025 14:14
Os coches estaban almacenados na antiga parcela de Fenosa
O Concello prevé instalar nesa propiedade a futura sede Emerxencias

O Celta negocia co Leganés por Juan Cruz, extremo esquerdo arxentino
11/07/2025 14:06
O Leganés pagou un millón de euros ao Betis polo traspaso

Detido en Vigo por vender supostamente drogas sintéticas nun piso do centro da cidade
11/07/2025 13:48
As pescudas permitiron comprobar que nun dos domicilios se vendía cocaína e haxix, mentres que no outro se distribuían substancias sintéticas destinadas a prácticas de chemsex

Deteñen catro persoas ao desartellar un punto de venda de droga en Vilagarcía
11/07/2025 13:44
Acúsanos de traficar con heroína e cocaína nun piso da rúa Valladares
Un dos arrestados foi enviado a prisión

O Celta inicia a segunda fase da súa factoría do deporte, o proxecto Celta360
11/07/2025 13:43
O complexo albergará un miniestadio, cinco novos campos de adestramento para os equipos xuvenís e cadetes do Celta e As Celtas, un Centro de Formación e unha residencia

Nace Re-USC con 60 pezas téxtiles únicas que dan unha nova vida a vellos materiais
11/07/2025 13:33
Elaboradas con lonas de eventos da Universidade de Santiago, xa están á venda na tenda da Universidade

Martín de la Puente estará na final de dobres en Wimbledon, pero non puido meterse na individual
11/07/2025 13:10
O británico Alfie Hewett, que xa lle gañara a final en 2024, pechoulle o camiño do partido polo título
En dobres si estará na final xunto a Ruben Spargaaren

'Rondallas', rodada nas Rías Baixas, estrearase no Festival de San Sebastián fóra de concurso
11/07/2025 12:52
A cinta, cuxa estrea en cinemas será en xaneiro de 2026, exhibirase na pantalla xigante do Velódromo
Está protagonizada por actores galegos como Javier Gutiérrez, María Vázquez e Tamar Novas

Villares "quere dar un pasiño adiante" como o equipo
11/07/2025 11:56
Preguntado directamente polo ascenso, evitou pronunciar sequera esta palabra, do mesmo xeito que xa fixera Antonio Hidalgo

Tito Díaz analiza o novo Breogán, que a estas alturas xa pechou o cadro de xogadores
11/07/2025 11:23
Hai seis novidades e un orzamento que se chegará aos catro millóns e medio de euros

Envían a prisión un dos novos detidos pola liorta de Ribeira acusado de tentativa de homicidio
11/07/2025 11:16
Sospeitase que o home, tamén acusado de condución temeraria, lesións e de participar na rifa multitudinaria, era o condutor dun dos vehículos que atropelou á vítima mortal
Os outros tres detidos que pasaron este venres a disposición xudicial quedaron en liberdade

Medio Rural pide extremar a precaución en plena temporada de alto risco de incendios
11/07/2025 10:58
María José Gómez asegura que o 75 % dos incendios que se rexistran en Galicia son causados intencionadamente
O 85 % do territorio galego está vixiado a través de 181 cámaras