Publicador de contidos

Publicador de contidos

Martín de la Puente estará na final de dobres en Wimbledon, pero non puido meterse na individual

Martín de la Puente estará na final de dobres en Wimbledon, pero non puido meterse na individual

O británico Alfie Hewett, que xa lle gañara a final en 2024, pechoulle o camiño do partido polo título

En dobres si estará na final xunto a Ruben Spargaaren

G24.gal 11/07/2025 13:10 Última actualización 11/07/2025 19:26

O tenista vigués Martín de la Puente quedou ás portas da final individual de Wimbledon, partido no que si vai estar na categoría de dobres na competición de cadeira de rodas.

O galego, terceiro cabeza de serie, superou con autoridade o estadounidense Casey Ratzlaff por un dobre 6-1, pero as portas da final pechoullas o británico Alfie Hewett, vixente campión e o seu verdugo na final do pasado ano. 6-0 e 7-5 foi o resultado deste encontro en pouco menos de hora e media.

En dobres, De la Puente e o seu compañeiro, o neerlandés Ruben Spaargaren, derrotaron a dupla Ji/Lysov (2-6, 3-6) e pelexarán polo título. En fronte poderían ter outra parella con presenza española: Daniel Caverzaschi e o xaponés Tokito Oda, se superan a súa semifinal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade