Yoel Lago: "O meu carácter faime mellor xogador"
O Celta escenificou este venres a ampliación de contrato de Yoel Lago ata 2029
O Celta escenificou este venres a ampliación de contrato de Yoel Lago ata 2029. Aos seus 21 anos, o canteirán estivo a pasada tempada en dinámica do primeiro equipo na segunda metade do campionato, disputando 10 encontros, 8 de Liga -7 deles como titular- e 2 de Copa.
O acto arrincou coa intervención do director de fútbol, Marco Garcés:
“Estamos moi contentos coa renovación de Yoel Lago, alguén que vén confirmar a intención do club desta vocación canteirá, de dar oportunidade aos nosos mozos xogadores. É alguén que xa tivo participación en Primeira. A pulso gañou a oportunidade e o contrato que ten xa como xogador de Primeira división".
Mentres, Yoel Lago mostraba a súa satisfacción:
“É un ano moi ilusionante para min. Estou moi contento pola oportunidade que me brindou o club. Tentarei facelo o mellor posible para seguir crecendo e que mellor lugar que na casa. Estou moi contento aquí".
A tempada pasada gozou de minutos co primeiro equipo e da man de Claudio Giráldez:
“Foi unha experiencia incrible, moi contento por todo o que pasou. Con ganas de seguir crecendo, seguir facéndoo igual para seguir dando moitas alegrías. Ao estar Claudio arriba coñece moi ben a canteira e sabe que a xente que traballa moito pode ter esa oportunidade. Máis ilusión que un xogador do filial, da canteira, neste momento é imposible non tela".
Sobre as críticas ao seu carácter, Yoel foi claro.
"Fálase moito do meu carácter porque o amoso moito no campo, ese carácter faime mellor xogador"