Publicador de contidos

Publicador de contidos

A vilagarciá Jessica Bouzas eliminada de Wimbledon tras caer ante Samsonova

A vilagarciá Jessica Bouzas eliminada de Wimbledon tras caer ante Samsonova

A galega firma o mellor Grand Slam da súa carreira e escala doce postos no ránking WTA, situándose no 'top 50'

G24.gal 07/07/2025 17:51

Nunha hora e corenta e tres minutos, a galega Jessica Bouzas (número 62 do ránking WTA) perdeu en oitavos de final ante a rusa Liudmila Samsonova (número 19 do ránking), por un dobre 7-5. 

A pesar de que o obstáculo non era sinxelo, Jessica mostrou un gran nivel e dispuxo de moitas oportunidades para poñerse enriba no marcador, chegando a sacar para facerse co primeiro set e tendo dúas bolas de parcial. A rusa reaccionou e acabou levándose o pase á seguinte rolda, onde se medirá á gañadora do duelo entre a polaca Swiatek e a danesa Tauson.  

Grazas aos puntos por disputar os oitavos de final, Bouzas métese por primeira vez no 'top 50' do ránking, subendo doce puntos dende que comezou o torneo. Ademais, convértese na primeira galega en chegar a oitavos de final dun Grand Slam e despídese co mellor rexistro da súa carreira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar