Arévalo e Germade, apoiados pola Xunta, denuncian a súa "indefensión" ante a Federación
A Rodrigo Germade apartárono do K-4 500
A Carlos Arévalo impídenlle compaxinar a disputa do K-4 co K-1 200 metros aínda que conseguiu a clasificación
Carlos Arévalo e Rodrigo Germade recibiron esta mañá o apoio da Xunta de Galicia na pelexa por defender os seus dereitos coa Federación Española de Piragüismo
Xosé Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte, reuniuse cos dous padexeiros, con representantes do Club Fluvial de Lugo e con Fredi Bea, presidente da federacion galega.
A xunta enviará unha carta á federación española e ao CSD para protestar por esta situación. A Rodrigo Germade apartárono do K-4 500 metros aínda que volveu nos últimos tempos pola baixa de Marcus Cooper. E a Carlos Arévalo impídenlle compaxinar a disputa do K-4 co K-1 200 metros aínda que conseguiu a clasificación.