Publicador de contidos

Publicador de contidos

Marcos Alonso, tras a renovación: "Temos un proxecto bonito, e quero seguir medrando co club"

Marcos Alonso, tras a renovación: "Temos un proxecto bonito, e quero seguir medrando co club"

O central renova por dous anos, pero supedítao ao rendemento despois desta temporada "o día que non me vexa ben irei para casa"

G24.gal 11/07/2026 14:04

Tres días despois de oficializarse a súa renovación co Celta, esta mañá escoitamos a Marcos Alonso. O xogador renovou ata o 2028. Marcos Alonso compareceu despois de asinar a súa renovación co Celta polas dúas temporadas vindeiras. O madrileño, de 35 anos, tomou finalmente a decisión de seguir ilusionado polo proxecto: "Antes de nada agradecer ao Celta pola súa confianza. Temos un proxecto moi bonito, e quería seguir aquí para continuar medrando como club", comezou. "Dous anos non eran unha prioridade, irémolo vendo ano a ano. Se as cousas están ben serán dous anos, e se non non lles ha costar moito botarme", afirmou.

Alonso apóiase nos datos para defender o seu bo momento: "Leo por aí que teño problemas físicos, ou que estou a pensar na retirada, pero o ano pasado foi o ano que máis minutos xoguei na miña carreira".

Sobre o proxecto celeste, indicou que foi un dos grandes argumentos para renovar: "É un proxecto bonito, estamos medrando. Seguir nesta liña de competir, de medrar como club e mellorar como equipo. Eu intentarei achegar o meu gran de area", concluíu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade