Publicador de contidos

Publicador de contidos

Urdaibai discute o dominio de Orio nun mal día para os galegos

Urdaibai discute o dominio de Orio nun mal día para os galegos

Ares e Chapela pecharon a clasificación da bandeira en Castro Urdiales

G24.gal 11/07/2026 21:12

Na Liga ACT disputouse a Bandeira de Castro Urdiales coa vitoria de Urdaibai. Non foi un bo día para as embarcacións galegas. Non lles favoreceron o sorteo de carreiros. Ares quedou penúltima clasificada. Penalizoulle moito un erro que cometeu no segundo longo. Sacoulle na liña de meta 20 segundos a Chapela-Wofco. Derradeiro posto para a Arealonga, o seu peor resultado no que levamos de liga. Prexudicoulle ir polo carreiro catro.

Foi uha xornada moi accidentada: a un remeiro de Ziérbena, por exemplo, rompeulle a bancada e tivo que ir toda a regata deitado e sen remar. 

O vencedor foi Urdaibai. Segundo triunfo da tempada. Colócase na clasificacióna a un só punto do liderado de Orio, que so puido rematar na cuarta posición, o que aperta a Liga.
 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade