Publicador de contidos

Publicador de contidos

Orio recupera o paso en Ziérbena nun gran día para Chapela

Orio recupera o paso en Ziérbena nun gran día para Chapela

Sétimo posto para traiñeira redondelá, mentres Ares volve rematar de última

G24.gal 05/07/2026 16:30

Este mediodía celebrouse a Bandeira de Ziérbena, a terceira proba da Liga ACT. E o triunfo foi para Orio.

Logo de que Urdaibai lograse a vitoria onte en Bilbao, Orio recuperou sensacións para facerse coa súa segunda Bandeira da temporada. Superou a Getaria por cinco segundos e a Urdaibai por trece.

En canto as galegas, Chapela tivo unha moi boa actuación. Acabou na sétima praza, o que lle permite coller bos puntos na loita pola permanencia. Ares non puido evitar a última posición, que comeza a complicar a súa situación na xeral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade