Publicador de contidos

Publicador de contidos

Urdaibai sorprende a Orio e faise coa Bandeira de Bilbao

Urdaibai sorprende a Orio e faise coa Bandeira de Bilbao

A embarcación de Bermeo impúxose contra reloxo por 5"

Chapela ocupou o 10º posto, xusto por diante de Ares, que foi a penúltima

G24.gal 04/07/2026 19:58

Este sábado disputouse a Bandeira de Bilbao, a segunda proba da liga ACT. Na modalidade contra o reloxo, as dúas embarcacións galegas melloraron un chisco a súa actuación da pasada semana.

En Madrid ocuparon as dúas últimas posicións. Nesta regata deixaron por detrás a Santurtzi. Chapela foi a antepenúltima e Ares a penúltima clasificada. O triunfo foi para Urdaibai, que foi quen de superar por cinco segundos a Orio, a gran dominadora durante toda a pasada temporada e gran favorita para este 2026. Así o celebraron os de Urdaibai cando se confirmou o seu triunfo.

Este domingo ao mediodía ofreceremos na nosa segunda canle e en AGalega.gal a Bandeira de Ziérbena.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade