Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vingegaard pega primeiro no inicio do Tour en Barcelona

Vingegaard pega primeiro no inicio do Tour en Barcelona

O danés dálle o triunfo por equipos so Visma e faise co amarelo, con 12" sobre Pogacar

Foto: Reuters Foto: Reuters
G24.gal 04/07/2026 19:34

Este sábado comezou o Tour de Francia cunha contra reloxo por equipos disputada en Barcelona. O triunfo foi para o Visma e o primeiro líder é Jonas Vingegaard.

O percorrido, de case vinte quilómetros, con chegada en Montjuic, propiciou que os corredores chegasen de un en un en moitos casos. Sempre co líder de equipo pelexando por facer o mellor tempo.

Non houbo grandes diferenzas entre os favoritos. Pogacar sitúase a doce segundos do seu rival dinamarqués. Mentres, Juan Ayuso queda a dezaseis segundos tras unha boa actuación do Lidl Treck. O francés Paul Seixas está a 39 segundos do liderado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade