Publicador de contidos

Publicador de contidos

Orio suma e segue na Liga ACT, nunha inusual estrea nun encoro de Madrid

Orio suma e segue na Liga ACT, nunha inusual estrea nun encoro de Madrid

Chapela e Ares pecharon a clasificación desta primeira bandeira da Liga

G24.gal 28/06/2026 14:53

Comezou a liga ACT de traiñeiras. Fíxoo dun xeito pouco habitual. Cunha Bandeira na serra de Madrid, no encoro de Buitrago de Lozoya. Un escenario diferente para o inicio dunha competición que seguiremos na Televisión de Galicia ao longo de todo o verán.

O primeiro triunfo da temporada foi para Orio, que cumpríu así cos prognósticos. Venceu na quenda de honra por díante de Ziérbena e a Donostiarra. Orio convírtese así no primeiro líder dunha competición na que as embarcacións galegas non comezaron ben. Chapela e Ares quedaron nos dous últimos postos da clasificación.

Na Liga Euskotren, que este ano non conta con embarcacións galegas, a primeira vitoria foi para Arraun-Lagunak, por diante de Orio e Astillero.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade