Cargando resultados...
Chapela, con opcións de ascenso á ACT despois dun 2º posto na 1ª xornada do play off
Tirán quedou sen opcións logo de quedar última nesta primeira quenda
As dúas tripulacións femininas, Chapela e Tirán, tamén pecharon a quenda co 4º e o 5º posto
G24.gal
20/09/2025 20:37
Semella que tampouco vai haber equipos galegos a vindeira temporada na Liga Euskotren, a elite das traiñeiras femininas. Tirán rematou de última e Chapela de penúltima na primeira xornada da eliminatoria de ascenso.
Hai dúas prazas en xogo. Igual que na categoría masculina. Tirán rematou de última esta primeira quenda do play off e semella non ter opcións. Chapela foi a segunda, por detrás de Itsasoko. Mañá ás 11 veremos na G2 a segunda xornada desta eliminatoria para saber que equipos acompañarán a Ares a vindeira temporada na Liga ACT.