Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chapela culmina unha temporada para a historia co ascenso á Liga ACT

Chapela culmina unha temporada para a historia co ascenso á Liga ACT

Despois de gañar a Liga Galega de traiñeiras foi o segundo no play off só por detrás de Santurtzi

G24.gal 21/09/2025 14:10

Histórico ascenso de Chapela á Liga ACT de traiñeiras. O equipo de Redondela culminou unha gran temporada na que acadou o título da Liga Galega por primeira vez. No play off, ao que foron os dous primeiros clasificados da Liga Galega, só quedou por detrás de Santurtzi e acadou unha das dúas prazas libres. Kaiku, que defendía o seu posto na ACT descende. Arkote e os moañeses de Tirán tampouco puideron conseguiu o éxito. 

Hai catro temporadas chegou Juan Zunzunegui á dirección deportiva de Chapela. O salto de calidade no club e a ambición do seu adestrador fixo que o obxectivo pasase a ser a ACT. O ano pasado estiveron no play off pero quedaron moi lonxe. Neste 2025 culminouse con éxito un proxecto que terá continuidade a vindeira campaña. 

A clave estivo no sábado en Bermeo. Os rexistros de Chapela só foron mellorados por Santurtzi. Arkote acabou no terceiro posto, Kaiku no cuarto e Tirán foi a quinta. O domingo en Portugalete había que rematar a faena. Kaiku arriscou moito de inicio pero Santurtzi e Chapela volveron a impoñer o seu poderío para ocupar por segundo día consecutivo as dúas primeiras prazas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar