Cargando resultados...
Perillo abre a Liga Feminina con vitoria na Pobra
A tripulación de Oleiros impúxose a Chapela e Amegrove
G24.gal
04/07/2026 21:08
A Bandeira do Concello da Pobra deu inicio a Liga Feminina Galega.
E o primeiro triunfo da temporada foi para Perillo, que se impuxo con autoridade cun tempo de once minutos e un segundo, cunha marxe suficiente sobre as embarcacións de Chapela, segunda, e Amegrove, que quedou de terceira clasifcada.
Así pois, Perillo é o primeiro líder dunha competición que vai ter nove regatas durante os meses de xullo e agosto.