Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chapela fai dobrete na casa seguida de Tirán no inicio da LGT

Chapela fai dobrete na casa seguida de Tirán no inicio da LGT

O terceiro chanzo do podio foi ocupado por Mecos na Feminina, e por Samertolameu na Liga A

G24.gal 28/06/2025 19:55

Comezou a Liga Galega de Traiñeiras, e fíxoo coa X Bandeira de Redondela, que reuniu en Chapela ás tripulacións das tres categorías. A Liga feminina comezou cun man a man entre as dúas grandes favoritas, a local Chapela e Tirán, que remaban na última quenda e protagonizaron un interesante enfrontamento. Chapela levou a bandeira cun tempo de 24 minutos, seguida a nove segundos pola embarcación moañesa. Mecos pechou o podio a corenta e sete segundos.

A Liga A comezou cos mesmos protagonistas, aínda que non remaron na mesma quenda. Tirán saíu na primeira, impoñéndose cun tempo de 20’49”. Houbo que agardar a última quenda para ver a regata de Chapela, que levou a bandeira parando o cronómetro en 20 minutos e 26 segundos. O terceiro chanzo do podio ocupouno Samertolameu, cun tempo de 20’59”, co que se impuxo na segunda quenda.

A Liga terá continuidade a fin de semana vindeira en Mugardos, Esteiro e Rianxo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar