Publicador de contidos

Publicador de contidos

Martín de la Puente, preparado para o asalto a Wimbledon

Martín de la Puente, preparado para o asalto a Wimbledon

O tenista vigués comeza o martes a busca do seu primeiro grande no cadro individual, e defende o título de dobres do ano pasado

G24.gal 05/07/2026 17:05

Martín de la Puente xa está en Wimbledon, onde o martes comeza a defensa do título de dobres e asalta o seu primeiro grande no cadro individual.

O tenista vigués impúxose hai un ano no cadro de dobles, no que tamén gañou o Aberto dos Estados Unidos en 2022. 

A título individual, de la Puente quere sacar a espiña da final perdida en Londres en 2024. E chega coas pilas cargadas: "Chego con toda a ilusión, moi feliz, con gana de demostrar que podo facer as cousas. É unha semana das máis especiais do ano", afirmou na previa.

Sobre a herba de Londres, "custa un pouquiño xogar e adaptarse á herba na cadeira, pero non moitas gañas e boas vibracións, e con gana de que comece xa".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade