Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jessica Bouzas pasa á terceira rolda de Wimbledón por terceiro ano seguido

Jessica Bouzas pasa á terceira rolda de Wimbledón por terceiro ano seguido

Logrou unha convincente vitoria ante a ucraína Dayana Yastremska, raqueta 67 do circuíto, por 6-3, 6-7 (1) e 6-2

G24.gal 01/07/2026 16:50 Última actualización 01/07/2026 17:08

Jessica Bouzas está a recuperar gradualmente a súa mellor versión na xira de herba. A galega, de 23 anos e número 52 do mundo, foi mostrando signos de recuperación durante o periplo de céspede. Sobresaíu especialmente no WTA 250 de Nottingham, onde alcanzou os cuartos de final.

E Wimbledon parece ser unha cita propicia para a galega. A tempada pasada profundou ata os oitavos, mentres que na presente edición xa é xogadora de terceira rolda coa súa convincente vitoria ante a ucraína Dayana Yastremska, raqueta 67 do circuíto, por 6-3, 6-7 (1) e 6-2 en dúas horas.

A galega recuperou o dominio no terceiro, sentenciando o seu pase a terceira rolda, contra a estadounidense Jessica Pegula ou a española Sara Sorribes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade