O Celta lanza a súa nova 'pel' celeste para a tempada 2026-27
A primeira camiseta aposta por un deseño limpo, co celeste como gran protagonista
A segunda incorpora a bandeira de Galicia na caluga, toda “unha declaración de intencións”, destaca o club
O Celta desvelou este mércores a súa nova colección oficial para a tempada 2026-27, na que, por primeira vez na súa historia, os seus dous principais equipos xogarán nas dúas primeiras categorías do fútbol español. A primeira camiseta aposta por un deseño limpo, co celeste como gran protagonista. O tecido incorpora un discreto canalé e detalles en branco crema e vermello, integrados tamén nos patrocinadores para manter unha imaxe equilibrada. Na caluga volve aparecer o trisquel, símbolo das raíces do club.
O segundo equipamento mantén a aposta histórica polo azul mariño como alternativa á celeste principal. O deseño recupera unha estética moi reconocible para o celtismo, cunha base sobria e elegante sobre a que destacan os detalles en celeste, branco e vermello. Ademais, incorpora a bandeira de Galicia na caluga, toda “unha declaración de intencións”, destaca o club no seu comunicado, no regreso do primeiro equipo á Liga Europa.
Como gran novidade esta tempada, o lanzamento dos equipamentos realizarase de xeito conxunto coa colección de paseo e adestramento. En total, 40 pezas deseñadas de forma integral a partir das cores características do club.