Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta anuncia seis saídas: Mingueza, Aidoo, Cervi, Vidal, Ristić, e Fer López

O Celta anuncia seis saídas: Mingueza, Aidoo, Cervi, Vidal, Ristić, e Fer López

Fer López podería volver se o Wolverhampton acepta ampliar un ano máis a súa cesión no equipo celeste

G24.gal 30/06/2026 12:12 Última actualización 30/06/2026 12:23

O Celta oficializou este martes as saídas de Óscar Mingueza, Joseph Aidoo, Franco Cervi, Marc Vidal, Mihailo Ristić e Fer López, aínda que este último podería regresar a Balaídos se o Wolverhampton acepta ampliar un ano máis a súa cesión no equipo galego.

Claudio Giráldez xa lle trasladou ao mexicano Marco Garcés, director de fútbol do Celta, o seu desexo de seguir contando co internacional sub-21, polo que o conxunto inglés, que esta tempada descendeu á segunda categoría, pagou algo máis de 20 millóns de euros no verán de 2025.

Sen minutos na Premier League, Fer López decidiu regresar a Balaídos no pasado mercado invernal. Baixo a dirección de Giráldez, disputou 23 partidos, alén de anotar dous goles e repartir outras tantas asistencias.

A saída de Mingueza é o outro gran problema para o técnico galego. O internacional español foi un dos habituais no once inicial desde a súa chegada no verán de 2022. O exazulgrana despídese de Balaídos despois de disputar 147 partidos oficiais coa camiseta celeste.

No seu comunicado de prensa, o club presidido por Marian Mouriño agradece a “profesionalidade, compromiso e dedicación” dos seis futbolistas durante a súa estancia no club, alén de desexarlle “o maior dos éxitos” no seu futuro deportivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade