Jessica Bouzas dá a súa mellor versión ante Potapova para pasar de rolda en Wimbledon
Vitoria con claridade (6-2 e 6-3) para pasar a segunda rolda e recuperar as boas sensacións
A próxima rival será a ucraína Dayana Yastremska
A tenista de Vilagarcía recupera a súa mellor versión sobre a herba de Wimbledon, demostrando que o londinense é o seu torneo fetiche. Primeiro partido e primeira vitoria clara en dous sets (6-2 e 6-2) para derrotar a Anastasia Potapova, a austriaca de orixe rusa, nunha hora e cuarto de partido. Dúas veces no primeiro set e tres veces no segundo conseguiu Jessica romper o saque de Potapova. A galega pola súa banda tivo un acerto no primeiro servicio do 58%.
A herba dáselle ben a Jessica Bouzas, que xa a temporada pasada chegou ata oitavos de final deste torneo de Wimbledon. Agora na segunda rolda agarda a ucraína Dayana Yastremska, o mércores 1 de xullo. Unha vella coñecida para Bouzas, que precisamente gañou a Yastremska o ano pasado en Wimbledon por 6-1, 2-6 e 6-3. No balance xeral destas xogadoras, dúas vitorias para a galega de tres encontros.