Cargando resultados...
Jéssica Bouzas cae ante Marcinko e despídese de Rabat en cuartos de final
A galega caeu por un claro por 6-3 e 6-4
G24.gal
21/05/2026 16:49
Última actualización 21/05/2026 17:00
A tenista galega Jéssica Bouzas, segunda cabeza de serie, despediuse este xoves nos cuartos de final do torneo de Rabat (Marrocos), de categoría WTA 250 e disputado sobre terra batida, ante a croata Petra Marcinko por 6-3 e 6-4.
Nun duelo que duro unha hora e 20 minutos, Bouzas non puido controlar o sólido servizo da croata, que resolveu con claridade o primeiro set tras conseguir un 'break' cando lideraba por 4-3.
No segundo, Bouzas aguantou o pulso ata o 4-4, pero volveu ceder o seu saque e deixou con servizo de partido a Marcinko, que non desaproveitou a oportunidade.