Escudero: "Sempre hai nervios, bolboretas no estómago"
Fala do seu futuro: "Gustaríame estar na Coruña, é unha cidade que me encanta, estou moi a gusto, a xente trátame ben"
O Deportivo conta as horas para a crucial cita do domingo ante o Real Valladolid. O ascenso está nas súas mans, no vestiario manteñen a mensaxe de calma e Escudero recoñece algo de nervios.
"Sempre hai nervios, bolboretas. Agora a concentración ten que ser máxima"
O duelo está marcado pola transcendencia que para os galegos ten regresar a Primeira, pero tamén polo ambiente que se vivirá na cidade castelá. Alá marcharanse milleiros de seguidores do Deportivo, moitos sen entrada, para empuxar ao equipo cara ao seu ansiado ascenso.
Sergio Escudero, xogador pucelano do Depor, pediu ese último empuxón por todos eses afeccionados que estarán en Valladolid durante toda a fin de semana.
“Ponche os pelos de punta. Hai que dalo todo pola xente que viaxa a Valladolid”, asegurou desde Abegondo.
Haberá uns tres mil afeccionados deportivistas en Valladolid.