O bo tempo adianta a chegada a Vigo dos participantes da Solitaire du Figaro Paprec
Os 41 barcos participantes saíron da costa da Bretaña francesa o pasado domingo
No porto de Vigo está todo preparado para recibir os regatistas tras percorreren 610 millas náuticas navegando en solitario
A primeira etapa arrancou o domingo pasado da costa da Bretaña Francesa. Este xoves chegan a Vigo tras tres días de navegación en solitario e tras percorrer 610 millas náuticas.
O porto de Vigo convértese estes días no epicentro da vela náutica mundial.
Hai actividades para todos os públicos, música e gastronomía ata o domingo que terá lugar a gran saída da segunda etapa.
É a 57 edición desta competición, única porque todos compiten co mesmo modelo de veleiro. Non gaña o que ten mellor barco, aquí prima a cabeza, o temperamento, o esforzo e a lectura do vento no medio da nada.