Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jessica Bouzas perde contra Pliskova na preparación para o Roland Garros

Jessica Bouzas perde contra Pliskova na preparación para o Roland Garros

Na primeira eliminatoria do Aberto de Roma completou un bo partido, pero caeu no cara ou cruz do set decisivo (4-6, 6-3, 7-5)

G24.gal 07/05/2026 08:28

Jessica Bouzas tiña unha parada no Aberto de Roma na preparación en terra batida para o Roland Garros. Non puido superar a primeira rolda e caeu diante da checa Pliskova en tres sets (4-6, 6-3, 7-5) despois de facer un bo partido que se decidiu nun cara ou cruz na terceira manga. 

O primeiro foi de dominio da xogadora galega que impuxo o seu ritmo no fondo da pista e conseguiu neutralizar o mellor saque de Pliskova. Levou o parcial por 4-6. No segundo foi a checa a que estivo mellor e rompeu o servizo de Bouzas no sexto xogo para poñerse 4-2 e acabou levando o set cun 6-3. Quedou a decisión do encontro para o derradeiro que chegou igualado ata o intre decisivo (5-5). Jessica Bouzas tivo o saque para poñerse en vantaxe pero Pliskova forzou o deuce e acabou levando un punto que ratificou logo co seu servizo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos