Iago Aspas renova co Celta ata 2029
Firma ata 2029 para xogar unha tempada máis e despois formando parte da estrutura interna do club
A 2026/2027 será a duodécima consecutiva para Iago Aspas vestindo a camiseta do Celta en Primeira
O moañés fará 39 anos en agosto
Foto Celta
Iago Aspas renova ata 2029 no Celta. Anunciouno o equipo vigués esta mañá nun vídeo emotivo. Aspas fará 38 anos en agosto.
Inspirado nunha historia real. pic.twitter.com/xtksz05Yw1
— Celta (@RCCelta) May 21, 2026
Firma ata 2030 e seguirá defendendo o escudo celeste no céspede unha tempada máis (“unha máis”). E no momento no que dea un paso cara a fóra do terreo de xogo, darao á vez cara a dentro do club. Unirase á súa estrutura para continuar achegando. O Iago Aspas de sempre, un novo Iago Aspas.
A 2026/2027 será a duodécima consecutiva para Iago Aspas vestindo a camiseta do Celta en Primeira desde o seu regreso, no verán do 2015, e a décimo terceira en total, tras a do seu debut, a 2012/2013, na que se estreou na elite despois de ser peza crave para o ascenso
A temporada pasada o capitán cumpriu a promesa feita oito anos atrás tras caer nas semifinais de Manchester. Agora, coa Conference no peto, xa deixara entrever ganas de máis antes de colgar as botas.
O que pedía o celtismo era isto, seguir celebrando éxitos co seu capitán. O próximo sábado poden certificar a sexta praza que outorga o billete a Europa League. Clasificación que daría máis ingresos e unha eliminatoria menos, a previa do mes de agosto da Conference.
En calquera caso, o Celta xa logrou o fito de repetir clasificación europea por segunda temporada consecutiva, algo que nos últimos anos só estaba ao alcance dos grandes orzamentos.