Publicador de contidos

Publicador de contidos

España e Portugal prepáranse para a eliminatoria de oitavos de final

España e Portugal prepáranse para a eliminatoria de oitavos de final

As dúas seleccións van reeditar un clásico das competicións internacionais mañá en Dallas (21:00h)

G24.gal 05/07/2026 10:13

A selección española prepara en Dallas o seu partido de oitavos de final deste luns. Portugal será o rival dunha selección española que convenceu ante Austria nos dezaseisavos.

Nese partido Unai Simón bateu o record absoluto de imbatibilidade nun Mundial. O gardameta compareceu ante os medios nunha xornada en que os de Luis de la Fuente traballaron a porta pechada para preparar o encontro. O meta falou desa seguridade defensiva, que debe ser chave ante Portugal: "O do récord fala mellor do equipo que de min, por como veu a dinámica deses partidos", comezou. "O récord de Unai Simón queda nas portadas, pero o equipo está orgulloso do seu traballo. Estou seguro de que David (Raya) e Joan (García) tamén o acadarían. Estamos facendo un traballo desde o dianteiro que xogue ata a defensa".

Tamén se referiu Unai Simón á final da Liga das Nacións, que gañou Portugal o ano pasado: "A chave será manter esa defensa e estar algo máis fluídos en ataque, porque será un partido moi parecido", concluíu.

E a selección portuguesa realizou unha sesión de traballo en Toronto antes de desprazarse a Dallas. Logo do sufrido triunfo ante Croacia o combinado luso agarda dar a batalla ante España para seguir avanzando no torneo. Os futbolistas portugueses entenden que será unha batalla colectiva, aínda que semellan moi pendentes de Lamine Yamal. Así o recoñecía o xogador que terá que marcalo no partido, Nuno Mendes: "É un xogador con moita calidade, imos xogar un contra o outro, e vai ser un bo duelo"

Tamén falou del Semedo: "Todos como equipo temos que parar a España. Lamine é determinante, pero temos plantel suficiente para competir con eles".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade