Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza a pretemporada do Celta 26-27

Comeza a pretemporada do Celta 26-27

No primeiro día de traballo en Afouteza había dúas caras novas: Javi Galán e Aleix Febas

G24.gal 11/07/2026 10:54

Día de saúdos e rencontros en Afouteza. Primeiro día dunha pretemporada que non é unha pretemporada calquera. Primeiro adestramento as ordes de Claudio Giráldez, con moitas caras coñecidas, dúas novidades, Javi Galán e Aleix Febas, a volta circunstacial de cedidos e poucas ausencias: Jones e Javi Rodríguez con permiso; Mingueza xa xogador do Crystal Palace e os mundialistas Starfelt e Borja iglesias. O santiagués fixo públicas as agarimosas felicitacións de Giraldez polo seu debut no Mundial. En canto ós rumores de que o pretende o America de México, o adestrador do Celta está tranquilo.

Convivir coa incerteza do mercado é a historia de cada verán. Claudio Giráldez admite que o Celta prioriza a busca dun estremo, un porteiro, un central e a oportunidade que poida xurdir.

No centro do campo, a alta médica de Miguel Román é a gran noticia do inicio dos adestramentos. Cando se lesionou en marzo, o Celta sentiu a súa ausencia, no momento máis importante. Do filial a imprescindible. Quizais a temporada traia outra descuberta feita na Madroa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade