Jessica Bouzas fai historia e xogará os oitavos de Wimbledon
Eliminou a ucraína Yastremska en tres sets: 6-1, 2-6 e 6-3
Xogará en cuartos de final contra a rusa Liudmila Samsonova
Éxito sen precedentes para Jessica Bouzas, que xogará por primeira vez nos oitavos de final dun Grand Slam.
A tenista de Vilagarcía de Arousa logrouno logo de superar en tres sets á ucraína Yastremska, por 6-1, 2-6 e 6-3. No primeiro sete a galega foi calramente superior- No segundo pagpou caro un mal inici, no que a rival obtivo un 0-3. Daquela, o partido foi suspendido pola choiva que caeu sobre as instalacións de Wimbledon. Á volta do impás, Bouzas non puido evitar que o encontro se decidise no treceiro set.
Daquela, volveu paracer a mellor versión da tenista galega. Rachou o servicio da rival no cuarto xogo e soubo manterse firme co seu saque ata a vitoria por 6-3.
Jessica Bouzas buscará o acceso aos cuartos de final fronte á rusa Liudmila Samsonova, número 17 da clasificación WTA.